Sen chegar nunca a coñecelo en persoa, Salvatore Calabrese é para min todo un mestre a distancia na ciencia da cocteloxía. O seu libro, Classic Cocktails, chegou a ser o meu manual de texto durante a miña aprendizaxe tenra e delicada nas artemias da alquimia. Publicouse en 1997, e xa se venderon máis de 700.000 exemplares dese libro miúdo e práctico. Foi o primeiro volume entre moitos outros de cócteles que merquei, e hoxe segue sendo un dos que máis consulto e repaso. Aporta tanto ao aprendiz como ao experto consellos, receitas e técnicas axeitados, ademais desas anécdotas que son a fibra vital da arte cocteleira.
Calabrese é un dos barman máis respetados do mundo. Tamén é un experto nos coñás de crianza. Leva moitos anos investigando nese rei da bebida, localizando e servindo unhas das máis vellas e excepcionais crianzas, e reeditando o que chama “unha historia líquida”. Se cadra o seu triúnfo máis sobranceiro foi adquirir unha botella de coñá sen abrir dende 1789. Serviu cada copa a 1000 €.
O “Maestro” na actualidade traballa no Bar Fifty en Londres, pero é oriundo da costa de Amalfi en Italia. O soño de Amalfi, unha das súas creacións, evoca o encanto e beleza daquel lugar…

Sem comentários:
Enviar um comentário