sexta-feira, 7 de agosto de 2009

Bar Europa - Betanzos

Notáse inmediatamente a atención rigorosa ao cliente. Aquí non vos van poñer mesturas clásicas, nin andar con cocteleiras. Con todo, teñen unha admirable colección da materia prima: sobre todo, xenebras, mais tamén rons, vodcas e whiskeys. E o camareiro vaivos ofrecer unha excelente asesoría sobre as orixes e méritos de cada xinebra. Tróuxoume aquí o señor Borralleira xa varias veces durante a miña estadía betanceira, seguramente co obxectivo de facerme reflexionar sobre a miña postura con respecto ao polémico gin tonic. E a este cocteloxista non lle queda máis remedio ca confesar que xa ten en mente meter un post algo revisionista sobre os méritos desa mestura. De momento, quédanlle uns días máis en Betanzos City, e pensa aproveitar para facer máis investigación cocteloxista no Bar Europa, berce do bo gusto e do bo trato.

Sem comentários:

Publicar um comentário