A nobre e fidalga estirpe do autor deste blog provén, en parte, de Irlanda. Por pouco, pero meu pai naceu o 18 de marzo, e faltou nada para que o bautizasen “Patrick”. Por iso, en casa sempre había un festivo dobre que se estendía do 17 ao 18 de marzo, e como todo o mundo, esqueciamos esas parvadas místicas ou culturais onde os disantos fincan as súas supostas raíces e entregabámonos, humanamente, aos praceres que nos outorgaba cada ano. Desta volta quero presentarvos dous cócteles vencellados ao día de San Patricio, que podedes preparar en casa para acompañar un bo caldo irlandés. Antes de comer, e para crear ambiente, o Black Velvet. O único toque irlandés que ten esta mestura é, evidentemente, a base da cervexa Guinness. Pero no mundo do cóctel, ao igual ca na haxiografía, a veracidade histórica sempre foi un factor debatíbel e flexíbel, e mesmo secundario, e sempre menor en importancia có propio acto de catar.
Foi creado polo barman do Brook’s Club en Londres en 1861. O príncipe Alberte morrera, e se a xente ía tomar champán, tiña que ser un champán enloitado. De aí que lle engadise a lexendaria cervexa negra irlandesa ao viño francés de anémica cor dourada. De sabor e textura inesquecíbel, esta variación do clásico Champagne Cocktail foi a bebida preferida do príncipe Otto Von Bismarck de Alemaña. De feito, segundo o Brewer’s Dictionary of Phrase and Fable, o chanceler prusiano tomaba esta beberaxe por galóns. Convídovos a entrar no selecto grupo de consumidores do líquido veludo negro: escollede unha frauta de champán ou unha copa pilsner. Do frigorífico, sacade a Guinness e o champán. Enchede a metade da copa ou da frauta coa cervexa negra, e engadide engorde o champán ata encher de todo. Aconséllovos mesturar cunha culler, pero dándolle a volta, co lombo para riba, pois así o champán entrará tranquilamente na copa. Ademais, xa que as densidades dos dous líquidos son distintas, un bo cocteleiro mañoso pode crear un efecto “pousse-café”, ou sexa, de capas distintas. Podedes repetir ledamente ata que a fame diga que xa chegou a hora de comer.

Sem comentários:
Enviar um comentário