Chega un amigo a cear e póñome a facer algo que me encanta: mesturar un novo cóctel por primeira vez. Collo o Savoy Cocktail Book a ábroo por unha páxina calquera. 157. Escollo este. Mesturemos nunha cocteleira:
* Zume dunha cuarta parte dun limón.
* 2 pingas de Crème de Cassis.
* 4cl de vermú branco.
* 4cl de ron branco.
Botade a mestura nunha copa martini. Engadide unha carapa de limón. Sabe a granada: cun algo de doce, cunha certa retranca. Cóctel perfecto para unha tépeda noite de principios do verán. E non está mal.
* Zume dunha cuarta parte dun limón.
* 2 pingas de Crème de Cassis.
* 4cl de vermú branco.
* 4cl de ron branco.
Botade a mestura nunha copa martini. Engadide unha carapa de limón. Sabe a granada: cun algo de doce, cunha certa retranca. Cóctel perfecto para unha tépeda noite de principios do verán. E non está mal.
Daquela, se o fixo por sorpresa e tiña os ingredientes na casa, debemos concluír que na súa casa nunca falta o Crème de Cassis? ;-)
ResponderEliminarDende logo, meu entrañabel Borralleira, un cocteloxista de pro sempre manten unha colección actual e vital da materia básica cocteleira. O mínimo sería unhas botellas de xinebra, ron branco e vodka, máis os vermus, e por suposto as angosturas. Ao longo dos anos, o señor Bradomin ten acumulado cantidade de materia prima, entre a cal sí figura o Crème de Cassis. Usoo máis a miudo para botar unhas pingas a esas botellas de cerveixas belgas ou francesas que son algo amargas. Cunhas pingas de Crème de Cassis, acadan un sabor máis doce. Se cadra sería interesante escribir un post sobre o contido do meu armario cocteleiro - conten unhas materias moi interesantes.
ResponderEliminar